Transilvanians + Life On Reggae Planet Sound

Decembro 16, 2018

nota:

Transilvanians + Life On Reggae Planet Sound (Circuíto clubE Estrella Galicia)

Transilvanians

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60’s, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Recén acabaron o novo traballo de Roy Ellis como banda de estudio, e preparan novos temas propios para editar o seu terceiro LP en 2019.

Compoñentes: Xabi “Space Duke” Vieitez & Martín V. – Piano & Hammond Javier Marcos – Voz & percusión Nestor Meizoso – Baixo Antonio “Pam-Pam” Rodríguez – Trombón, voces & percusión Pedro Fariñas – Saxo & percusión Xoaquín “L Cobra” Seoane – Batería & voces Charly “Doctor C” Varela – Guitarra
Life On Reggae Planet Sound

Life On Reggae Planet está formado por dous fanáticos e coñecidos músicos da escena de música xamaicana estatal. Rudy King (Buenos Aires 1981) e L-Cobra (Vigo, 1975) tras una amizade lonxana e colaboracións esporádicas debido a converxer nos camiños da música poñen en activo este proxecto conxunto en 2018.

Nas súas suorosas sesións seleccionan os mellores discos da súas coleccións e tamén lle dan volta aos clásicos de Rocksteady e Reggae facendo as súas propias versións. Se tes gañas de bailar viaxa con eles ao planeta reggae!

AXENDA