Transilvanians

Decembro 19, 2013

nota:
Transilvanians fórmanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi dispares.
O que os leva a unirse e a paixón que senten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.
Todo isto unido a súa afección polo xénero de terror, a serie B, o Western oua ciencia ficción conforman unhaproposta cando menos orixinal.
Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de TheSkatalites, TheTemptations, TheMelodians, GeorgieFameouos británicos TheClash.
Despois de varios trocos de formación, catrotraballos discográficos e numerosos concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña, Bélxica…) coseu propio repertorio ouapoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr. Symarip, lenda do Reggae ao que acompañan de maneira habitual en directo e co que gravaron o pasado 2012 o seunovo single “You Can’t Leave Now”, este 2013 presentan “Kings Of Catacomb Reggay” novo EP composto por 4 cancións.

Transilvanians son:
J. Vicente – Guitarra.
Javier Marcos – Voz e percusión.
Nestor Meizoso – Baixo.
Xabi Vieitez – Piano &Hammond.
Kino “Little Cobra” – Batería & voz.
Pedro Farinhas – Saxo & percusión.
Antonio Rodríguez – Trombón & voz.

http://www.transilvanians.com/

AXENDA

21:00 h.
C.C. Torrente Ballester, Ferrol.
5 €