trampoline

Setembro 17, 2013

nota:

Cancións pletóricas de emocións cunha visión pop pouco común é o que nos trae dende Vigo este trío de folk acústico. Enraizados nos sons americanos máis próximos a autores coma Andrew Bird ou Iron & Wine, e cunha delicadeza nas súas melodías máis propia da música británica e de bandas con certa nebulosa coma Radiohead, os vigueses nos presentan por fin o que resulta ser o seu primeiro álbum, “Motivations”.

AXENDA

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €