Trampoline

Xaneiro 02, 2015

Se o afrontamos cunha actitude positiva, descubrimos que setembro e o seu cambio do verán ao outono agocha momentos que apreciar. No musical, este mes recíbenos cunha grata sorpresa chegada das Rías Baixas: o debut de Trampoline, unha proposta de pop-folk que de seguro terá moi boa acollida non só no circuito independente, senón tamén en calquera ouvido receptivo ao que chegue.

David Tizón (voz e guitarras), Marcos Rivera (guitarras, banjo e voz) e Iago Fernández (percusión) entregan cancións que semellan ter un pé a cada lado do Atlántico, sobre a sonoridade do folk americano e a melodía do pop británico. Entre o seu catálogo de influencias, poderiamos citar Iron & Wine e Radiohead (os máis acústicos, iso si) como dúas referencias significativas e orientativas. Fan da sinxeleza virtude e coidan con agarimo a melodía, os arranxos e a voz, saíndo ben airosos nos coros. “Pointless”, “Something Wrong About Us”, “Nowhere Left To Stay” ou “Doomsday Machine” son exemplos suxerentes de entre estas 14 cancións intepretadas en inglés sobre sentimentos, relacións de amor e amizade.

As follas irán caendo suaves, sen as présas do balbordo e a hiperactividade estival. As melodías de Trampoline gañan un oco na banda sonora para que devagar abaneemos a cabeza e acompañemos co pé. Un disco de debut xeneroso en duración no que predominan os medios tempos e algunha peza máis lenta, como “Don”t Speed Up”, pero que consegue manter un bo nivel coas escoitas e chegar varias veces ao notábel.

Na portada, o traballo fermoso de Pequena Suricata (Elba Fernández aka Jane Joyd). Bruno Murmura gravou, produciu e masterizou (www.brunomurmura.com). Licenza con Creative Commons.

Pepe Cunha, 17-setembro-2013

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook