Track Dogs

Febreiro 16, 2018

nota:

Track Dogs, a banda anglosaxona afincada en Madrid que nos vén presentar o seu cuarto álbum, “Kansas City Out Groove”, que sairá en marzo.

A música de Track Dogs é unha mestura entre varios estilo moi ben combinados como son o Pop, o Folk, o Rock, o Bluegrass e mesmo o Country, todos na súa xusta medida, sen definirse claramente con ningún deles, dando un resultado cheo de positivismo e alegría, que se transmite desde o primeiro minuto, facendo que a súa actuación sexa unha autentica festa.

A banda tomou o mesmo nome co que se designa aos equipos de mantemento do metro de Nova York. Estes equipos teñen que mirar os uns polos outros e manterse moi unidos para sacar o seu traballo adiante, como esta banda de expatriados residentes en España que se formou en 2011 para compor a súa marca única de música acústica.

Composta por dous irlandeses, un inglés e un americano a banda saca a luz o seu cuarto álbum “Kansas City Out Groove” en marzo deste ano e logo xira promocional do anterior disco que os levou por toda Europa e Estados Unidos. Un dos temas máis exitosos do disco anterior, “Love Me Like You Used To”, está protagonizado polo español xenio da guitarra El Twanguero.

Estes catro “madrileños” internacionais, Garrett Wall (IRL), Dave Mooney (IRL), Howard Brown (GB) e Robbie K Jones (EEUU) teñen xirado por todo o mundo e compartido escenarios en España con Deluxe, Iván Ferreiro ou Asian Dub Foundation.

Máis info:

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 / 8 €