Track Dogs

Febreiro 17, 2018

nota:

Billete: 8 € – Adiantado: 6 €

Composta por dous irlandeses, un inglés e un americano a banda formouse en 2011 para vibrar coa súa marca única de música acústica; un 4 x 4 de voces e instrumentos identificado pola fusión de estilos que inclúe folk, latino, americana, bluegrass e pop. Os catro “madrileños” internacionais ( Garrett Wall, Dave Mooney, Howard Brown e Robbie K Jones) cuxo nome artístico provén do fondo do subsolo Neyorquino, debido aos equipos de mantemento do metro, presentan o seu cuarto disco “ Kansas City Out Groove” en marzo 2018. En 2017 foron convidados a presentar o seu directo no fesival de folk máis grande do mundo (Folk Alliance International) en Kansas City e da experiencia desa viaxe xurdiu o título do novo proxecto. Foi alí onde coñeceron ao grupo de Nashville, The Barefoot Movement, o cal colaborou a distancia na súa canción “ Gonna Get My Way”.

AXENDA

Facebook

23 minutes ago

Ábrete de orellas
Que non se entenda como un comentario compeitivo, mais o de A Pedreira parécenos un dos discos do ano. "Basal" está dispoñíbel desde hoxe.O domingo 23 preséntao no Teatro Colón A Coruña dentro do ciclo #CoaNosaVoz da Cultura da Deputación da CoruñaNordesía Produccións, Raso Estudioraso.bandcamp.com/album/a-pedreira-basal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Café Cultural Auriense, Ourense.
6 / 8 €