toundra “III”

Outubro 05, 2012

Esta banda madrileña está a dar moito que falar, e merecidamente ben, dentro dos circuitos rock. Porén, o máis meritorio é que o consiga cunha proposta de rock instrumental, da que xa falamos co seu segundo disco “II” e que segue a crecer neste terceiro. As miles de descargas e encargas acumuladas na web do seu selo Aloud Music e os bos comentarios que nos chegan de quen os viu en directo son en si mesmos a mellor tarxeta de presentación para quen non saiba de Toundra.

Para describirmos as 6 composicións habería que facer case un exercicio de erudición descriptiva pois rebordan creatividade. Cumpriría ir reflectindo en verbas as sensacións que nos transmiten e, xa que logo, caer na subxectividade máis absoluta, porque a súa música é unha fervenza de contundencia rítmica, de guitarras ora punzantes ora pesadas, sempre intensas, que de cando en vez abren paso a sutís arranxos de cordas. 40 minutos nos que van musicando emocións, estados de ánimo, ideas, soños que cadaquén interpreta ao seu xeito, polo que acae mellor recomendar a escoita que embarcarse en reflectir imaxes, ideas ou sensacións. Deixarse levar e constatar que o rock instrumental non ten por que ser aburrido.

De feito, recomendaría este disco encarecidamente a calquera afeccionad@ ao rock e, en especial, a quen queira iniciarse no rock instrumental. O selo Aloud Music e a banda poñen na rede todos os álbumes para que os escoitedes e despois caiades na tentación de mercar as coidadas edicións físicas en cedé ou vinilo verde transparente, pois a banda sempre se distinguiu polo coidado dos seus artworks. Tras o seu paso polo Resurrection Fest de 2011 en Viveiro, esperamos veñan de novo a Galiza para gozar duns directos que aínda deben prestar máis cás gravacións. Que xa é dicir !

Pepe Cunha, 5-outubro-2012

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook