Tonecas Prazeres

Febreiro 15, 2015

nota:

Este domingo a música de Sao Tomé e Príncipe chega ás Crechas con Tonecas Prazeres, un cantante, compositor e guitarrista que nos amosará as cancións tradicionais da súa illa (Príncipe).

Tonecas actualmemte traballa co seu proxecto Afro-Vungo que ten como obxectivo a difusión da música tradicional de STP, influenciada por reagge, blues e jazz. O álbum será lanzado en abril deste ano. O ritmo frenético da súa guitarra e o poder da súa voz confire ao seu espectáculo, unha empatía contaxiosa co público e un son que convida á danza. Virá en formato trío con Virgilio Gomes (guitarra) e Nelson Barbosa (baixo).

Tonecas Prazeres comezou a súa carreira en solitario en 1990 cun grande concerto en Lisboa acompañado de Rui Veloso e Mariza, com o projecto Dêxa onde tivo a oportunidade de mostrar a súa música en varios países como: Italia, Macau, Angola e España.

AXENDA

20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €