Ton & Teira

Xullo 17, 2019

nota:
TON & TEIRA #MásQueJazzCoruña2019
(VI edición)
Ton Risco, vibráfono. Marcos Teira, guitarra
Pases: 22h y 23h Entrada: 8€. Só venta en taquilla
A Galiza non é terra de flamenco, pero tampouco é lugar onde abunden os vibrafonistas de jazz. Quizáis é por iso que estes dous músicos infrecuentes se buscasen para vivir un affair musical no que cordas e láminas conforman unha mini orquestra dirixida por uñas e baquetas. Dous instrumentos de forte carácter percusivo e timbres diferentes que se atopan nun novo entendimento. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan na música deste dúo unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición propia. A maxia dun encontro inesperado.

AXENDA