Tomaga

Xaneiro 30, 2020

ciclo Liberdades Sonoras.

O xoves 30 de xaneiro, o dúo experimental Tomaga canalizará unha música que se move a través do industrial, o jazz, a psicodelia e o minimalismo. Dedicado á exploración musical, este dúo con base en Londres deconstrue obsesivamente tropos familiares, buscando a tensión que se atopa entre a improvisación e a forma. Tomaga formouse en 2014 e ostenta ás súas costas unha discografía impresionante, con máis dunha ducia de discos que lles gañou admiradores e xiras con artistas como Wire, Deerhoof, Thurston Moore, Faust, Le Ranaldo, Silver Apples ou Stereolab. Foron descritos por BBC Radio3 como “a mellor banda do Reino Unido”, e nomeados por Thurston Moore como unha das 5 bandas máis interesantes do momento. O seu lanzamento en solitario máis recente é “Extended Play” (xuño 2019), incluído en varias listas do mellor do ano. O álbum en colaboración co compositor e construtor de instrumentos Pierre Bastien ‘Bandiera Di Carta’ (setembro 2019) foi publicado ese mesmo ano no selo de Nicolas Jaar Other People.

Facebook

20:30 h.
Vello cárcere de Lugo
De balde até completar aforo.