Tino Baz

Maio 31, 2013

6 € / 5 € (anticipada) / 3 € (soci@s)
A proposta escénico musical de Tino Baz en concerto, vén ser unha mestura da arte vocal e a arte poética. Nunha estética connotativa de raíces populares, trátase de dar voz á palabra, ben sexa cantada, declamada ou recitada. Así a textos de colleita propia engándense outros de autores da nosa literatura, nalgún dos casos, de avalada traxectoria e de recoñecido prestixio e, todos, de incuestionable pericia literaria. Nesa parcela concreta do que poderiamos chamar canción de autor, Tino Baz ven ser membro da música tradicional na súa vertente mais creativa, tanto polo aporte de melodías e letras, como pola concepción do que él considera debe ser o emprego da palabra na música: a definición da mensaxe desde a óptica da arte e da conciencia. Aquí neste lugar, é onde merece ser ubicada a temática que Tino Baz desenvolve durante o transcuro do concerto, que fai referencia a contidos diversos: amor, paisaxe, paisanaxe, lingua, memoria, xusticia social, terra, e, sobre todo, vida. Nesa parcela de cantores, comprometidos cos valores profundos da condición humán, que velen pola ética da colectividade e pola saúde de tódolos pobos do planeta, Tino Baz, espalla polo mundo adiante o argumento da súa proposta musical.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 5 / 6 €