Tiemersma & Reynaldo “Primera Comuni​ó​n EP”

Setembro 01, 2023

Os traballos de Luis González (Los Visionarios, Caballero Reynaldo …) xa son habituais en Ábrete de Orellas e hai pouco comentei “País tropical”, álbum a dúo cun músico co que colabora desde hai anos: Manu Vicente. En troques, agora o dúo é cunha artista que seica non coñecía persoalmente: Irene Villar Tiemersma (Tiemersma, El Futuro Peatón).

Presentan un pop-rock desenfadado (véase a portada), aberto a influencias clásicas e, por citar unha das de González, o barroquismo duns XTC regado cun chisco de macarrismo ou irreverencia. A sonoridade da proposta, a actitude libre e independente e a voz de Irene en “Te llamo mañana” trouxéronme á mente o proxecto de Anni B. Sweet & Los Estanques. Ambos os dous son proxectos elaborados a dúo polas artistas implicadas, non un fulanito-acompaña-a-menganita ou menganita-pon-voz-ás-cancións-de-menganito.

“Primera comunión” abre unha serie de colaboracións en formato de EP de tres cancións que verán a luz cada tres meses en edición limitada de 100 unidades en CD de cartón simple.

Pepe Cunha, 1-setembro-2023

podes escoitalo no bandcamp de Hall of Fame

Repertorio

Te llamo mañana

Vamos a vivir juntos

Pepo, el semiparalítico

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Moito prestaron os "showcases" do MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal! Nas fotos, os do sábadoO público que se achegou á Eurocidade Tui-Valença pode dar testemuño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook