The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018

Outubro 19, 2018

O trío formado hai 20 anos polo guitarra e voz David Tattersall, o baixo Franic Rozycki e o batería Jonny Helm opta probablemente ao título de banda máis prolífica da actualidade. Sen ir máis lonxe, estań a presentar cancións do que será o seu segundo álbum neste 2018. Con eles, o álbum por ano (pasan dos 15) está asegurado, así como os concertos constantes e non poucos singles, EPs e demais curiosidades. Está claro que o seu non son as grandes producións, senón o chamado “lo-fi” e o libre albedrío discográfico.

Escoitalos é lembrar o pop-rock dos Modern Lovers, Hefner, Herman Dune … e esa lírica do cotiá, das relacións de amizade e amor, desde a naturalidade de tomarse unhas cervexas e falar dalgunha vivencia e recordos, lonxe de calquera pose pretenciosa. Son coma colegas de toda a vida que non te van impresionar, que contan nas súas cancións o que nos pasa a tod@s, coa súa dose de ironía, e dando prioridade a actitude por diante da técnica. Porén, isto non quere dicir que os seus instrumentistas, en especial o guitarra, non teñan os seus momentos brillantes malia a sinxeleza aparente. Por riba de modas e sen facer brincadeiras, eles pásano ben “en pandilla” e iso coloca o sorriso no público. E as cancións dan ganas de reescoitalas coas letras diante, pero a memoria non me da para lembrar todos os títulos.

Do vindeiro disco, segundo deste 2018 e que se vai editar en novembro, presentaron “Look Inside Your Heart”, “Goodbye Spiderman”, “Roosevelt Sykes”, “Shelly” … ; co último e máis “bluesy” ou introspectivo “Brushes With Happiness” puxeron a parte máis contida e desafiaron o mur, murio habitual nos concertos. Obviamente, foron facendo paradas na súa traxectoria: “Spaghetti”, “I Love You Like a Madman”, “Lisbon”, “Pool Hall” , “Friday Night In Loughborough”, “Strange Fruit For David” … Retiráronse tras unha hora escasa e, sorprendentemente para un banda británica, saíron até dous veces e así regalarnos un dos mellores momentos da noite, co guitarra sentado e facéndonos flotar cos seus acordes mentres o batería cantaba, ora co micro ora sen el. Hai que querelos.

Pepe Cunha, 19-outubro-2018

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook