O festival Son Rías Baixas adianta dúas das bandas internacionais que formarán parte do cartel da súa edición de 2013 os días 2 e 3 de agosto en Bueu.
Trátase de The Toy Dolls e os italianos Talco, primeiras confirmacións ás que acompañan unha “ferta de abonos para os 500 festivaleiros máis rápidos!,
venda de entradas e toda a info do #SonRías2013 na web:”
nota:
O XII Festival SonRías Baixas encherá un ano máis o Multiusos da Estacada, en Bueu, de música e de festivaleiros con ganas de troula. A cita é a fin de semana do 2 e o 3 de agosto e xa está confirmada a presenza de dúas bandas europeas de primeiro nivel: a mítica banda punk británica The Toy Dolls e os italianos Talco, cultivadores dun ska revolucionario e festivo. Será a única oportunidade de ver en Galicia o enerxético directo dos británicos, que levan máis de 30 anos arrasando nos escenarios de todo o mundo.
A organización promete máis sopresas para as próximas semanas e pon xa á venda na súa web as primeiras 500 entradas a un prezo reducido de 18 euros o abono dos dous días, coa acampada incluída, unha oferta sen comparación nos festivais da península.