The Toasters en Le Club, 5-decembro-2011

Decembro 07, 2011

The Toasters naceron hai xa 30 anos en Nova York e a alma e único membro da formación orixinal trouxo o seu proxecto a Galiza.
Durante case 3 décadas, foron moitos músicos os que pasaron pola lendaria banda e sempre co nexo común do seu fundador, vocalista e guitarra: Robert “Bucket” Hingley. Desde hai uns anos afincado en España, “Bucket” non deixa de reclutar uns acompañantes que consigan que os himnos da banda sexan ben defendidos no directo, aínda que o espíritu da banda sexa basicamente o repertorio.
Iso foi o que presenciamos na sala Le Club da Coruña: un feixe de adicitivas pezas de ska -cos seus tintes rock, reggae, soul ou punk, segundo as pezas-, uns músicos que se luciron nos ventos e a potencia rítmica e un “Bucket” que non defrauda na voz e a guitarra. Porén, a media entrada e certa frialdade ou contención da banda e boa parte do público evitaron que alí se montara “a gran festa”. Si, o son estivo ben, a cercanía física existiu e había espazo para bailar; soaron pezas con tanto gancho como “Pirate Radio”, “I’m Running Right Through The World”, “2-Tone Army”, Pool Shark”, “Run Rudy Run”. “Don’ Let the Bastards Grind You Down”, “Sitting On Top of the World” ou “Ploughshares into Guns”, e mesmo se formou algún pogo con “Weekend in L.A.” ou “Shocker” … pero, significativamente, faltaron algúns temas máis cos que completar a hora e media de concerto.
Hai ocasións nas que contas cos bos ingredientes pero ao produto final acaba por faltarlle ese algo máis que o faga pasar de bo a moi bo. Talvez neste caso faltou a calor que transmite unha formación habitual, malia que “Bucket” elixa ben os seus compañeiros de xira.

Pepe Cunha, 7-dec-2011

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Que seica din no PP que a televisión pública pagada por todos non está para informar ao gusto e conveniencia de quen goberna🤔Por iso volvemos preguntarlle a Alfonso Rueda: Para cando unha CRTVG libre de control político?#VenresNegro306CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook