NdP:
The Sadies actuará o sábado 1 de abril no ciclo As Matinés do Principal, en Pontevedra. O cuarteto canadense volta a España despois da súa última visita hai tres anos para presentar o seu novo traballo Northern Passages. Un disco que condensa de forma maxistral a súa propia esencia.
The Sadies leva máis de dúas décadas en escena, desenvolvendo un estilo musical propio no que se mesturan diversas expresións do rock, do country e do blues convertendo ao grupo canadense nunha banda de culto. Levan 23 anos convertendo o seu persoalísimo son en sinónimo de calidade. The Sadies é unha desas bandas que logran traspasar con creces a súa propia fama, sacudindo toda etiqueta posible: ni country, ni rock, ni power pop. Sinxelamente eles.
Agora, Dallas Good, Travis Good, Sean Dean e Mike Belitsky conseguen no seu último traballo un disco espectacular, cheo de forza que, en directo cobra se cabe aínda máis vida. Gravado no soto da casa dos pais de Travis ao norte de Toronto durante o inverno de 2015, o ambiente familiar e a falla de distraccións conseguiron unha sensación sonora única, consistente e ecléctica.
The Sadies son unha banda á que os afeccionados se aferran como a un segredo moi ben gardado, esperando cada novo lanzamento como unha promesa. Con Northern Passages, chegou o momento de facer estalar esta viaxe salvaxe de ácido-folk-country-punk, para deleite de fans e de todo aquel que se acerque por primeira vez á banda.
Featured