nota:
The Pains of Being Pure at Heart
Unha das alegrías musicais deste 2017 foi o anuncio de novo disco e xira da banda de Brooklyn The Pains of Being Pure at Heart. “The Echo of Pleasure” é o cuarto disco dun grupo que, hai oito anos cun EP e unha intensa xira, convertéronse na banda máis comentada do pop underground guitarreiro de ambas beiras do Atlántico. O disco homónimo de debut foi un dos bombazos da tempada, co seu achegamento ás primeiras encarnacións de My Bloody Valentine e aos grupos de Sarah Records. O seu segundo disco “Belong” saiu en 2011 con produción de Flood (U2, Björk) e mesturas de Alan Moulder (My Bloody Valentine, Killers, Smashing Pumpkins), non para virar cara o rock de estadios, senón para para lucir un envoltorio máis sólido que lles permitiu crear unha versión actualizada de sí mismos.
En 2014 publican “Days Of Abandon”, reforzando se cabe máis o liderado do cantante e guitarrista Kip Berman, e tres anos máis tarde “The Echo of Pleasure”. O 13 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol, Berman estará acompañado no escenario de Christoph Hochheim (guitarra; Ablebody, ex Depreciation Guild), Chris Shackerman (batería; ex Mercury Girls, ex Literature) e Jess Rojas (teclados e voces). Din que con “The Echo of Pleasure”, os Pains deixan atrás a inseguridade xuvenil, que non á alegría, camiñando por sendeiros máis profundos e atemporais.
THE PAINS OF BEING PURE AT HEART.
venres 13 de outubro . Teatro Jofre, Ferrol.
apertura de portas: 20:30 H.
Entrada anticipada 12 €. Na billeteira15 €
Puntos de venda: ATAQUILLA.COM / JOFRE