The Noises

Marzo 21, 2015

nota:

6 € / 3 € (soci@s)
The Noises regresa cun novo disco titulado ‘Pacífico’. A actual formación da banda vai facer vibrar e bailar con esta nova colección de once poderosas cancións cargadas de ‘ensoñacións’ e emocións positivas. O cambio descúbrese dende a primeira escoita, pero si, os que están detrás dese salto musical sobresaínte son The Noises; os mesmos que se descubriron ao gran público con ‘Bellavista’ (2011) e que mostraron o seu lado máis duro co EP ‘Rapto’ (2012). Os inquedos The Noises teñen experimentado un cambio non premeditado e, sen se sentir forzados a avanzar nunha determinada dirección, deixáronse arrastrar polas súas necesidades como compositores e músicos. O tempo no local e no estudio e compoñer baixo diferentes circunstancias ás das súas entregas anteriores, levounos a descubrir novas vías sonoras nas que se senten cómodos e en harmonía. No abano de sons de ‘Pacífico’ caben cancións aceleradas nas que dominan os sintetizadores, as baterías e as guitarras pegadizas, e cancións máis despoxadas de elementos e de capas. En todas, nos removen as harmonías vocais e un espírito festivo en calma que transita por todo o álbum. Axudados na produción por Dan Hammond, The Noises non escatimou en incluir pequenos detalles que chegan a convertirse nos grandes elementos que dan textura ao son.

www.youtube.com/watch?v=9brLRalHXcU
https://www.youtube.com/channel/UCGjvwng4SNSNfxHQ9ZemdmA

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, Porriño.
3 / 6 €