LOST IN THE 80`S.
Byron Mikaloff (ex One Ton e Bunka Busta) e Christian Roberge fundaron The Lost Fingers (Os dedos perdidos) en 2004. Coa intención de seguir desenvolvéndose e innovando, uniron ao grupo ao novo e talentoso baixista Alex Morissette en 2006. Nun exercicio de saber musical unido a un agudo sentido do humor, o trío decidiu unir as súas voces únicas para crear unha enxeñosa homenaxe aos anos 80 co swing xitano do estilo “jazz manouche” inspirado polo seu mentor, Django Reinhardt, e que culminou coa publicación do seu estupendo álbum debut Lost In The 80’s.
Con aire de gipsy jazz, vannos deleitar con cancións de Technotronic, Bon Jovi, AC/DC, Céline Dion, Samantha Fox, Stevie Wonder, Kool & the Gang, Michael Jackson, George Michael, Soft Cell, Paula Abdul e Alanna Myles. Música estimulante, agradable, estupenda, cantada e tocada sorprendentemente.