the last three lines “leafless”

Febreiro 11, 2013

Hai un ano que falamos de “Visions from Oniria”, o segundo longa duración desta banda barcelonesa. Agora recuperan en versión acústica cinco pezas daquel complexo e intenso traballo, rebordante de influencias roqueiras de diferentes épocas. Ademais, acompáñanas do seu tema máis popular “Fish Tank” para completar un EP. Nestas versions acústicas aínda acada máis protagonismo o notable traballo de voces e ese bo cheiro a folk rock psicodélico dos 70 (Pink Floyd ou Led Zeppelin) como en “Revelation”. O retrouso de “Lonely Parade” conéctaos con bandas actuais caracterizadas polo seu ton épico (Muse, Interpol, The Killers… ) . O importante deste “Leafless” é amosar que as súas detallistas composicións funcionan perfectamente espidas de electricidade, que non de faísca.

Como sempre que edita Aloud Music, discos dispoñibles para mercar físicamente e descargar.

Pepe Cunha, 11-febreiro-2013

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
Todo o noso apoio ás traballadoras da Crtvg Galicia Crtvg Galicia que están hoxe venres e mañá sábado en folga.Queren traballar, sen manipulación, sen represión, con pluralidade e para todas nós.Xa abonda de que non poidan amosar a súa verdadeira valía desde os medios públicos.Sempre, #DefendeAGalega.Defende A Galega Defende A Galega Defende A Galega.2️⃣5️⃣3️⃣ Venres Negros nos medios públicos galegos: contra a manipulación e a represión🤬🤬.📣E este coincide cunha nova xornada de folga, que se repetirá mañá✊🏿✊🏿#NonMáisAbusos #TodasAUnha#DefendeAGalega#VenresNegro253CRTVG ... See MoreSee Less
Ver en Facebook