the last 3 lines “you are a deep forest”

Marzo 17, 2008

Notable debut discográfico dunha proposta de melodias directas e marcadas, con agudos riffs de guitarra, xa desde o principio coa post punk “Sometimes the Trigger…”. Moitas influencias de formacións after punk, agresivos, cheos de furia roqueira, coqueteos co indie e algunha canción destacable entre tanto derroche como “A Prison With Wives” ou “Growing Stones”. Un bota en algúns momentos de máis tranquilidade ou variedade, agradecendo máis matices e cambios, pero ante a contundencia de “A Substitute”, “I Don´t Wanna Know” ou “Myriana” pouco hai que obxectar. Non obstante cara a vindeiros traballos haberán de ofrecer algo máis, como apuntan eses 8 minutos finais de “You Are a Big Forest”, tema que fecha o álbum dun xeito lixérsico e experimental. Quedades avisad@s: cascos, arriba o volume e visita ao seu MySpace. Edita SinLovers Records.
Pepe Cunha 17-marzo-2008

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
En galego, con independencia e citando fontes e referencias. Estas serían as premisas que sigo desde que me puxen ao outro lado dun micro. Non falo (ben) dalgo porque me paguen ou acrediten nin publico para monetizar. Non vivo disto. Dígoo pq xa mo preguntaron.Fdo: O director orelludo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook