the last 3 lines “visions from oniria”

Xaneiro 25, 2012

Desde Barcelona chega esta banda da que xa comentamos o seu debut “You are a Deep Forest” (2008) e o EP “Crows”(2009). Neste último incluíase o tema “Fish Tank”, cuxo videoclip causou merecidamente unha gran sensación. Como comentamos daqueles traballos, esta banda caracterízase por repetirse o mínimo posible grazas á cantidade e diversidade de influencias que manexan: rock, britpop, distorsión, post-punk, noise, garaxe ou electrónica Este “Visions from Oniria” non ía ser menos no nivel de experimentación e crecemento da banda, pois engade unha dose de rock-folk psicodélico e épico con claras influencias da década dos 70, como Pink Floyd, Led Zeppelin ou Joy Division, pero tamén máis recentes como Muse ou Interpol. Cancións como “Sleepwalker”, “Your Brusing Charm”, a que titula o álbum ou o atinado peche de “Reveletion” amosan unha grande dose de elaboración e detallismo que poucas veces peca de pose ou esnobismo. “Visions from Oniria” son case 50 minutos xenerosos de rock intenso, experimental e melódico editados por Aloud Music, en cuxa web xa sabedes que podedes descargar de balde e mercar tras quedar convencidos.
Pepe Cunha, 25-xaneiro-2012

AXENDA