The Lákazans

Abril 20, 2018

nota:

O `Sandwina tour´ chega esta semana a Melide e a Vigo

A cita de Melide, será o venres 20 no mítico Pub Gatos ás 23.50 h
O sábado 21 toca o turno a ‘La Pecera’ ás 22.30 h

Despois dos primeiros concertos en cidades como Santiago de Compostela, Vigo ou Vila do Conde, Sandwina aterra esta fin de semana en Lugo Boiro . Dúas citas que marcan a recta final desta xira de presentación do segundo traballo de The Lákazans que está acaparando o aplauso de crítica e público.

A primeira das citas, en Melide terá lugar o venres 23 ao redor da media noite. Será o sábado cando voltei a Vigo a presentar a ‘Sandwina’ no que será o derradeiro concerto da xira e que promete ‘emoción e sorpresas’

Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans.
Gravado en Pouland Studios, baixo a atenta mirada de Iago Pico que co-produxo este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que satisfará ós seus siareiros máis fieles, pero que también abrirá camiño cara novos públicos, sorprendendo a todo aquel que o escoite. Se por algo se caracteriza este disco é por non deixarse arrolar no acomodamento da fórmula de éxito que xa manexaba a banda. E este é o motivo polo que atopamos temas valentes e arriscados como o maxistral ‘300 pounds of legend’ que abre o disco sen contemplacións e remata cunha improvisación xurdida na propia gravación que deixa unha testemuña vital para a historia do noso blues máis recente.

Sacado baixo o selo de dotbeat! o disco saiu á venda, tanto en formato físico como en dixital, o día 8 de xaneiro. Nesta xira de presentación extensa estarán en Compostela, Vigo, Ferrol, Coruña, Melide, Boiro, entre outros, e culminará coa súa participación no Festival Blues Vila do Conde en Portugal.

As entradas para ambos concertos teñen un prezo de 6 euros anticipadas a través da plataforma beloud e de 8 euros na taquilla.

AXENDA

23:59 h.
Pub Gatos, Melide.
6 / 8 €