The Kinks “The Journey Part 2”

Decembro 03, 2023

Cantas bandas pagarían por ter creado cancións tan redondas en melodías e letras como “Lola”, “Sunny Afternoon”, Till the End of the Day” ou “Dedicated Follower of Fashion”? Pois estes títulos non aparecían en “The Journey Part 1”, comentada aquí mesmo hai un meses, o que vén confirmar que o de Part 2 non significa un chanzo menor en popularidade ou calidade nas seleccións. Estas compilacións que celebran os 60 anos do nacemento de The Kinks distínguense por conxugar clásicos recoñecíbeis por un público algo formado e xemas máis ou menos agochadas, así como algunha peza inédita. O paso das décadas e a cantidade de reedicións só revalorizaron aínda máis a produción e os arquivos dunha banda imprescindíbel para quen amamos o pop con maiúsculas.

Os diferentes formatos das edicións físicas ofrecen amplos libretos con fotografías da banda e apuntamentos de cada canción a cargo do compositor principal Sir Ray Davies, o seu irmán Dave e Mick Avory. Estes membros vivos do cuarteto orixinal volven encargarse de seleccionar as mellores remasterizacións de singles populares como os mencionados ao principio, caras B, cancións de álbums que son xemas reivindicadas por Kinkmaníacos como “This Time Tomorrow”, “Where Are They Now” .. e seis mesturas novas por Ray Davies, das cales tres pezas corresponden a un concerto no New Victoria Theatre de Londres en 1975: “Everybody’s a Star”, “Slum Kids” e “(A) Face in the Crowd”.

Con estas 34 cortes e os 36 de “The Journey Part.1″  poderiamos falar dun moi bo arquivo da produción de The Kinks, dun repaso consistente ás diferentes facianas destes titáns até o 1975: eses primeiros singles asociados a un riff ben característico, os álbums que os fixeron trascender ao olimpo do pop (“Face to Face”, “Something Else …”, “Village Green Preservation Society“, “Muswell Hillbillies” …) e os polémicos ou ambiciosos “Everybody’s in Show-Biz”, “Preservation Act 1 and Act 2”, “Soap Opera” e “Schoolboys in Disgrace”. Neste últimos e na etapa posterior sempre atopamos xoias do cancioneiro de Ray Davies, mais Dave tamén está presente con “Creeping Jane”, “Susannah’s Still Alive” ou “Lincoln County”. Deixo no ar a pregunta: haberá mergullo na etapa estadounidense ou de estadios co selo Arista ?

Pepe Cunha, 3-decembro-2023

 

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook