The Homens + The Lost Omelette Makers

Xuño 12, 2015

nota:

Volven The Homens para un único concerto, o 12 de xuño na Sala Capitol, Compostela
O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde
a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers.
As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda – Cultura para levar e A Reixa Tenda.
Esta é a primeira reunión de The Homens desde que en 2011 decidiran suspender por tempo indefinido a súa carreira. Para a ocasión, o grupo repasará cancións dos dous EPs (#1, do 2005; e #2, do 2006) e dos dous discos longos (Tres, do 2007 e Cuarta potencia, do 2009) que publicaron. Soarán tamén temas das súas contribucións a discos colectivos e de homenaxe.
O público pode axudar á banda a escoller o repertorio elixindo as súas cancións favoritas a través dun formulario online ao que se accede a través deste enlace:

Facebook

2 days ago

Ábrete de orellas
ZËNZAR "rock en galego", rock e amizades na xira "30 anos bourando". Onte sábado montouse algo precioso ( Xurxo Souto dixit) na Sala Mardi Gras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook