The Gramophone Allstars Big Band “Maraca Soul”

Febreiro 11, 2018

Desde a provincia de Girona chega un proxecto que mestura ska e jazz con soul, funk ou rhythm & blues. Editaron o primeiro álbum en 2008 e co cuarto (“Jazzmaica”, Bankrobber 2014) ampliaron o formato a unha big-band suntuosa de máis de quince compoñentes: trombóns, saxofóns, frauta traveseira, trompetas, guitarra, piano, bongos e 3 vocalistas femininas. Malia a dificultade loxística e económica de mover tanta xente, deron o salto a máis de 60 concertos, incluída a Asia. Baixo a dirección musical do saxofonista Genís Bou, este “Maraca soul”, editado no outono de 2017 e máis latino e caribeño segundo eles, recrea cancións de diferentes procedencias e estilos coma boogaloo, ska da vella escola, funk de New Orleans ou calypso.

Nunha festa sonora elegante e colorida revisan e/ou versionan cancións máis ou menos populares ou agochadas do portorriqueño Ray Barretto (“The soul drummers”), de Stevie Wonder (“Don’t you worry ’bout a thing”), do cantante de calypso Mighty Sparrow (“Ah diggin’ horrors”), do dúo xamaicano The Blues Busters (“I don’t know”) e dos estadounidenses The Slackers (“Treat Me Good”). Nun traballo cunha dose didáctica salientábel menciónanse outr@s intérpretes que popularizaron cancións alleas: Nina Simone (“I Wish I Knew How It Would Feel to Be Free”), Harry Belafonte (“Jamaica Farewell”), e o trio The Dixie Cups (“Iko Iko”). Pechan, iso si, cun tema propio: Lluc Casares, saxofonista da banda, asina “Tommy’s spaceship” inspirado polo saxofonista Tommy McCook.da banda de referencia The Skatalites, tamén versionada con “Hot Cargo”.

Máis que outra colección de versións, este álbum é un exercicio notábel de relecturas traballadas e interpretadas por un bo feixe de músicos da nova escea do jazz catalán e cantadas por tres vocalistas estupendas. De seguro que os seus directos son triunfadores.

Pepe Cunha, 11-febreiro-2018

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

20 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook