SON Estrella Galicia
Os londinenses The Godfathers seguen en pé. E máis que o van a estar o ano que vén, cando se publicará o seu esperado novo álbum, aínda sen título, o primeiro de estudo desde “Afterlife” (1995). Nel están a traballar en firme estas últimas semanas. Algunhas desas perlas caerán na súa próxima xira española, que terá lugar en febreiro de 2013 e desenvolverase ao longo de once datas. Bautizárona así: “Jukebox Fury Spanish Tour”.