nota:
entramos de cheo en semana CourelSon e iso, para unha serra como a nosa, é un gran acontecemento.
Esta fin de semana comezaremos o noso pequeno Festival de Jazz e Blues, co que pretendemos dar vida de novo ás airas dos pobos ao tempo que desfrutamos dalgunha das bandas máis sobranceiras destes estilos en concertos de balde.
Así, teremos as seguintes actuacións:
-Lucía Martínez Cuarteto, en Seoane do Courel, o venres 15.
-The Fabulous Resaca Brothers, en Vilamor, o sábado 16.
Jazz elegante e sutil o 15 e divertido Blues o 16, para unha fin de semana que será inesquecible.
Ademais, avisar que, neste caso, os concertos comezarán a partires das 21:00h., para que a vaga de calor non afecte ao desenvolvemento dos mesmos.
E, cómo non, ao día seguinte de cada conceerto, teremos actividades para dar a coñecer a nosa Serra.Nesta ocasión, e tamén debido á calor, as actividades serán en lugares pechados, pero non menos interesantes, unindo cultura e natureza :
Así, o sábado 16 pola mañá, e grazas a colaboración da Fundación Uxío Novoneyra, visitaremos a Fundación que leva o nome do poeta en parada do Courel.
E xa o domingo 17, grazas ao concello de Folgoso do Courel, visitaremos o museo das Covas de Meiraos.
Dúas visitas que nos amosarán a riqueza desta Serra e para as que o único que pedimos, é que os asistentes aos concertos merquen algunha das nosas camisetas, xa que con elas estarán contribuíndo tamén ao bo funcionamento do noso CourelSon.
E, cómo non, algún posto dos productos courelaos estará ao dispor, durante os concertos, de tódolos asistentes.