nota:
Como vos adiantamos a semana pasada, e despois xa do grande éxito do concerto de Sumrrá o pasado 30 de xullo en Paderne, é un grande pracer para nós anunciarvos que este sábado, día 6, a partires das 21:00 e de balde, recuperaremos o concerto de The Fabulous Resaca Brothers do CourelSon 2022.
Como saberedes, este concerto tivo que ser aprazado por causa do lume que afectou á aldea de Vilamor e son os mesmos vecíns os que decidiron que queren recuperar nesta data, coincidindo cunha serie de actividades que van levar a cabo relacionadas coa aprendizaxe para a recuperación dos terreos queimados, o concerto do noso pequeno Festival.
Así, a música do quinteto de Blues compostelán The Fabulous Resaca Brothers porá un final feliz a unha xornada de convivencia e traballo, despois xa das duras semanas que asolaron á pequena localidade de Vilamor.
É, sen dúbida, unha felicidade para nós que así sexa e que sexa éste o primeiro acto festivo post-lume nunha das zonas máis afectadas polo mesmo. Será un concerto reivindicativo, no que o pobo amosará que segue moi vivo.
Ademais, durante o concerto ofreceránse productos artesanos: tartas de castaña de Delicias do Souto, hamburguesas caseiras e refrescos de Caurelor, pizzas artesás da Cova da Moura e, cómo non, a cervexa artesá da Cova da Serpe.
Courel está máis vivo que nunca, e no noso courelSon así o amosa.