The Cornelius

Novembro 09, 2012

A carreira de The Cornelius, radicada en Arousa (Pontevedra), experimentou un xiro definitivo trala súa recente participación na campaña 2011 de Coca-Cola. O seu tema “Everything’s allright”, revisión singular da melodía corporativa da marca, está incluído na programación dos principais medios musicais do país (40 Principales, MTV, Cadena 100, Europa FM…). 100.000 reproducións do vídeo correspondente nos tres primeiros días de difusión na rede social Tuenti son só unha mostra da espectacular acollida do proxecto. “1960” é o álbum co que Cornelius 1960 se lanza ó mundo a través dun dispositivo MP4 personalizado. O disco gravouse nos estudios Music Lan e contou coa participación de grandes figuras da música contemporánea como o produtor británico Mick Glossop (Van Morrison, John Lee Hooker, Suede) e o enxeñeiro de son Tatsuya Sato (Rihanna, Michael Jackson, Amy Winehouse).

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Pub Clavicembalo, Lugo.