The Cornelius

Novembro 09, 2013

nota:

5 € / 2,5 € (soci@s)
A mediados de abril, viu a luz o terceiro álbum de estudio de Cornelius. Neste novo disco, descubrirase a esencia máis fresca e natural dun grupo que, tras varios anos de traxectoria, reivindica o emprego do seu nome de sempre, e lembra que 1960 era o título do álbum anterior. The Cornelius contou nesta ocasión, na producción do seu disco, co talentoso Iago Lorenzo, para a mestura con outro enxeñeiro de prestixio internacional: Adrian Hall (ten traballado con artistas como Ray Davies, Ian Brown, The Young Knives,Tom Jones, Black Eyed Peas, Robbie Williams ou Pet Shop Boys, entre outros. A masterización, correu por conta de Alan Douches (The rapture, Ramones, LCD Sound System, Misfits, Liars, Fat Boy Slim, Chemical Brothers, Fleetwood Mac,etc). Greatest Hits e 1.960 foron ata o de agora as dúas contribucións de The Cornelius ao panorama musical europeo. O seu novo traballo, Walking in Circles reafirmará máis, se cadra, a súa personalidade. É un disco cheo de luz, gravado no verán de 2012, e será o seu traballo máis persoal e coidado. Deste xeito, pretenden asentar o paso xa iniciado na súa anterior etapa cara a unha carreira internacional e plural. Ao longo dos seus sete anos de existencia, teñen traballado con artistas como Mike Glossop (productor habitual de Van Morrison) ou Tatsuya Sato (Madonna, Rihanna). Entre disco e disco, tiveron tempo de facer xira por todo o país da man de Europa FM e Artistas en Ruta. Chegaron a final de The Global Battle of the Bands e do Villa de Bilbao. Algúns dos seus concertos máis destacados, teñen sido no Noroeste Pop-Rock, con Morcheeba e Juliette Lewis, no Help Contest e no MTV Galicia 2010 con The Temper Trap e Arcade Fire. Entre os seus logros cabe destacar ter sido partícipes da ‘Coca-Cola Music Experience’ (a través da cal gravaron un dos seus temas máis coñecidos Everything´s all right, que aínda soa como cabeceira de moitos programas de TV e radio) e participar no concerto celebrado en Madrid con motivo do 125 aniversario da marca McFly. Un acontecemento do que están orgullosos é ter sido convidados a colaborar no disco ’50’ homenaxe a Beatles, onde se deron cita artistas españois de primeiro nivel co seu espectacular versión do Drive my Car. Unha banda con espírito de rock, influenciada por un montón de vellos discos e sons pop contemporáneo, á que lle interesan as boas melodías que saben vestir cunha elegancia pasmosa… Cornelius son: Andoni Arcos (baixo), Toni B. Willisch (guitarra rítmica), David Caneda “Chiquillo” (voz e guitarra acústica), José A. Vilas (teclados) e Antonio Casado “Abuelo” (guitarra solista).

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, Porriño.
2,5/ 5 €