The Cornelius

Outubro 31, 2013

Rede Galega

Andoni: baixo; Toni B.: guitarra; David “Chiquillo”: guitarra acústica, voz; José A. Vilas: teclados; Antonio “Abuelo”: guitarra solista.

A mediados de abril viu a luz o seu terceiro álbum de estudio. Neste novo disco, descubrirase a esencia máis fresca e natural dun grupo, que tras tantos anos de traxectoria, reivindica o uso do seu nome de sempre e lémbranos que 1960 era o título do álbum anterior. The Cornelius contou co talentoso Iago Lorenzo para a produción e para a mestura co prestixioso e internacional Adrian Hall que traballou con artistas da relevancia de Ray Davies, Ian Brown, The Young Knives, Tom Jones, Black Eyed Peas, Robbie Williams e Pet Shop Boys entre outros. Con isto pretende asenta-lo paso xa iniciado na súa anterior etapa cara a unha carreira internacional e plural. Unha banda con espírito de rock, influenciada por un montón de vellos discos e sons pop contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías que sabe vestir cunha elegancia pasmosa…

Colaboran no disco 50, homenaxe a Beatles, cunha espectacular versión do “Drive my Car”.

AXENDA

Facebook

Pub Clavicémbalo, Lugo.