The Boo Devils

Decembro 02, 2017

n combinado de rock and roll, rockabilly, psychobilly, country & western mollado por un chorro de actitude punk. Así poderiamos resumir a proposta desta banda madrileña que semella pegar o estirón co terceiro álbum. Comezaron no 2010, editaron xa dous álbumes (“Act one” no 2012 e “Mala suerte”no 2014). e para o que nos ocupa contaron coa produción de Fernando Pardo (Sex Museum, Los Coronas, Corizonas ) e José María Rosillo coma enxeñeiro de son.

O quinteto ( Al Navarro, voz, guitarra, percusión; Joe Gabardo, guitarras, harmónica, coros; Diego The Kid, guitarras, cigar-box, banjo, lap steel; Magic Manoo, contrabaixo, coros, e Viki Larookie, na batería ) abre o disco coas composicións máis breves ou directas, para bailar falando de diversión, de beber de máis, bailar o venres pola noite: “Too Much Booze”, “You Know, They Know” e “Friday Night”. Pero á cuarta xa descubrimos a outra vertiente, a que nos leva a velocidade media por camiños cheos de pó, historias algo máis truculentas e máis matices instrumentais: “Dead Man Talking”, “Old Skulls”, “Hotspur”, “Monster”, “Love in Vain”, favorita dun servidor canda a que pecha a ducia de cortes: “All the Pretty Things”. Para facer do disco algo máis lucido contan con colaboracións punctuais aos coros, os teclados (Sergio Valdehita), os ventos (David Pardo, Sam Black e Kiko Moreno) e a voz de Virginia Maestro en “I Won”t Marry You”.

“The Noble Art of Rock n”Roll” é un repaso feito con gusto e de manual polos diferentes estilos cos que a banda se identifica musicalmente e que defenden ao vivo con seguridade. Poucas sorpresas pero si unha dose axeitada de diversión e entretemento. “Always Looking to Memphis ! “.

Pepe Cunha, 28-novembro-2017

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Tarefas urxentes:👆Nomear unha Dirección Xeral conforme a lei🛑Frear desmantelamento e precariedade✊Recuperar a produción propia💪Reabrir ou fortalecer as delegacións para ter unha cobertura real de país👩‍💼Estatuto Profesional➡️Consello de Informativos#VenresNegro309CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook