The Bongo Club

Novembro 28, 2014

nota:
O vindeiro venres 28 de Novembro “The Bongo Club” visitan desde Böras, Suecia, a sala grovense da rúa jaime solá nº9 para presentar o seu álbum debut “Be Careful not to Stare”. A apertura de portas será ás 23.00 horas e o y el prezo da entrada (só en taquilla) será de 5€. Este concerto está incluído na xira “THE MAD TOUR” (A CAMIÑATA LOUCA) que está levando á banda por toda Europa incluíndo O Grove e o Twist & Shout Club, que está a se converter paso a paso nunha das salas referentes da escena underground e independente.

DESCRICIÓN DA BANDA:

Qué pasou cós grupos da vella escola que tanto carisma tiñan e que tocaban en vivo con instrumentos reais, simplemente improvisando no momento?
The Bongo Club teñen claro que non precisan nin ordenador, nin grabacións, nin Djs para sacar música sen complicaciónss e aínda así manter o interés sen nada máis que un puñado de estupendas cancións e unha actuación movida.

Estos catro vinteañeros nados en Boras, unha pequena cidade de Suecia, escriben cancións con gancho, algunhas veces inclusive con demasiado ritmo, pero están sempre dispostos a dalo todo para converter melodías insulsas nun ritmo realmente potente. O seu son recorda algúns dos grupos ingleses de indie rock, non é secreto ningún, pero eles engaden á esa música un toque moi persoal xunto coa súa xoven e poderosa enerxía.
Despois dunha tempada un pouco desordenada, os Bongo Club grabaron o seu álbum debut en Setembro deste ano pero non sairá á venda até Xaneiro de 2015 baixo o título “Be Careful not to Stare”. Comprométense a moverse a donde faga falla para probar que non hai nada como un auténtico espectáculo de rock e proba delo é “A CAMIÑATA LOUCA”, esta xira Europea na que están envoltos para presentar o seu disco debut que os leva por toda a xeografía europea. Entón, todavía é posíbel facer o que esos grupos da vella escola facían? The Bongo Club cren que si e teñen o ritmo, a enerxía e o son precisos para demostralo.

SOUNDCLOUD: https://soundcloud.com/the-bongo-club
LIVE: https://www.youtube.com/watch?v=XCSQyKPgWgM
VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=elDek57A8Pg

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores en Vigo, dentro do Festival Sinsal Primavera.Info aquí: abretedeorellas.com/event/chemtrails/www.youtube.com/watch?v=XGdmSs5SDl0&t=62s ... See MoreSee Less
Ver en Facebook