The Blue Ribbon Healers

Novembro 07, 2013

nota:

O vindeiro xoves 7 novembro visitarannos, para continuar co ciclo de concertos de música entre libros Os xoves na Sagrada, a banda norteamericana “The Blue Ribbon Healers”.
Nos seus catro anos como banda sen parar de percorrer Norteamérica de costa a costa, os “curandeiros” Blue Ribbon configuraron unha receita sonora deliciosa para os oídos.
A súa música baséase principalmente no old-time jazz de Nova Orleans, dando un novo aire ao son orixinal, que se compón dunha mestura de sabores étnicos e folclóricos, dos que resulta unha proposta inconfundible que invita ao baile.
A banda esta formada por Cindy Rose e Rob Pate, que se acompañaron de distintos músicos ao longo destes anos. Ambos teñen voces moi singulares que se complementan á perfección e que producen un son de marca propia.
Con inspiracións como Ela Fitzgerald, Billie Holiday, Jethro Burns, Grateful Dead ou Tom Waits, a súa presentacion en directo é o seu mellor selo de calidade.
O concerto que ofrecen na biblioteca Sagrada Familia abre a xira europea que os levará por Francia, Italia e outros países do continente.

AXENDA

Facebook

19:00 h.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia, A Coruña.
De balde.