nota:
A banda londinense THE ADICTS incia a súa xira estatal en Vigo o vindeiro 4 de maio na Sala Rouge Club, sendo esta a primeira vez que visitan a cidade olívica.
Esta mítica banda londinense de Punk77 con case corenta anos dando guerra nos escearios estará visitando a nosa cidade o vindeiro 4 de maio dentro da súa xira estatal onde estarán presentando ó seu derradeiro traballo de estudo “All The Young Droogs”.
Desta volta estarán acompañados polos vigueses Keltoi!, banda que rexurdíu das súas cinzas hai tres anos e que agora mesmo voltan con máis forza ca nunca erixíndose coma iconos do celtismo trala súa actuación na festa do ascenso do Celta o ano pasado no estadio de Balaídos, estes rapaces veñen con ganas de amosar o seu potencial xunto a unha das súas bandas de referencia.
THE ADICTS (Punk 77 – UK) + KELTOI! (GaliZa Street Punk)
Sala Rouge Club (r/Pontevedra, 4) – Vigo
Apertura de portas ás 22:00h
Comezo de concerto ás 22:30h
Festa previa ao concerto no Bar Trece Irmandinhos (r/Irmandinhos) a partires das 19:00h
Festa post-concerto no Bar Berlín (r/Rogelio Abalde)
Entradas adiantadas ate o 3 de maio a 18€
Entradas na porta a 21€
Puntos de venda adiantada:
Vigo: Bar Trece Irmandinhos, Bar Princesa, Tenda Tipo e Tenda Honky Tonk
Cangas: Guerrilla Radio Bar
Compostela: Bar Tolo e A Reixa Tenda
Ourense: Secret Bridge Tatoo
Internet: mequetrefeproducions@gmail.com