Thäis Morell

Marzo 14, 2015

nota:

A Casa das Crechas acolle o concerto da brasileira Thaïs Morell. Cun carisma radiante e unha voz fascinante, a cantautora e multiinstrumentista brasileira Morell lanza o seu primeiro disco, “Cancioneira”, e presenta un universo de sons brasileiros con toques de jazz e folclore, deixando lonxe os clichés.

Cun directo impresionante, á vez intenso e delicado, mestura a bossa-nova cunha diversidade doutras músicas, conquistando os máis variados públicos. Nesta ocasión estará acompañada do polifacético percusionista brasileiro Paulo Silva, afincado en Galicia desde hai anos.

Thaïs Morell naceu em Curitiba (Brasil) e pertence á nova xeración de músicos brasileiros, con extensa formación e capaces de se mover con facilidade en calquera estilo musical. Cun show ao vivo impresionante, ao mesmo tempo intenso e delicado, mistura a MPB (música popular brasileira) cunha diversidade de outras músicas, conquistando os máis variados públicos. Destaca polo seu dominio da guitarra, aínda que tamén canta e compón os seus propios temas.

Na Casa das Crechas presentará o seu primeiro disco, “Cancioneira”, que inclúe colaboracións de múltiples músicos, e que ten amosado en festivais de varios continentes.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €