nota:
TERRY LEE HALE
Mércores 25 de xaneiro. Ferrol. Capela do Torrente Ballester
Capela do Torrente Ballester (Concepción Arenal S/N). Apertura portass: 20:30h. Concerto: 21:00h. Entrada adiantada: 8 euros. Entrada billeteria: 10 euros. Venda de entradas en billeteira do Teatro Jofre y www.ataquilla.com Ciclo “Son aloumiños”
Terry Lee Hale, o home que estivo en todas partes, aquí, alá e case máis alá, nos presenta o seu novo disco para Glitterhouse “Blund, Chained, Fettered”.
Músico norteamericano, Terry Lee Hale é o prototipo de músico que estivo en todas partes, que viu moitas cousas e que fixo da estrada o seu fogar.
Cunha bagaxe espectacular, viviu en Seattle durante o nacemento e desenvolvemento do grunge. Alí abriu para grupos como Soundgarden, Screaming Trees ou Skin Yard e fraguou unha grande amizade con The Walkabouts e o seu líder Chris Eckman. Así Terry Lee Hale recalou no prestixioso selo alemán Glitterhouse tras unha xira europea co grupo de Torgerson e Eckman.
O músico orixinario de Texas mudouse a Europa buscando encaixar no circuíto musical europeo e conseguiuno, con xiras continuas e discos repartidos nos anos que leva no continente europeo, Terry Lee converteuse nun deses nomes clave para entender a música norteamericana. Co seu inseparable dobro como arma eficaz sobre a que levantar cancións áridas, repletas de ensinanzas e de historias.
O seu novo traballo “Bound, Chained, Fettered” (Glitterhouse 2016) conta con innumerables relatos vitais, camiños cheos de obstáculos, e moita sabedoría. A propia dun home que fixo da estrada unha forma de vida e o lugar do que extraer as súas cancións. O disco gravouse no norte de Italia xunto ao produtor de Hugo Race e Dan Stuart, de aí o son seco e árido que se desprende de cada nota.