Terbutalina + Boyanka Kostova

Abril 20, 2018

nota:

Este Venres día GRANDIOSO
TERBUTALINA E BOYANKA KOSTOVA!

A Casa da Tolemia
O 2017 foi un gran ano para Terbutalina, concertos en salas e festivais de toda a península: Zarago- za,Tarragona, Madrid, Sevilla, Málaga,…SOLD-OUT na maioría de salas do país e festas que queda- rán no recordo de todas.
Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroskí-Paraíso” conseguen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor Música Orixinal”.
No mes de maio veu a luz “Ninguén che quere” o adianto da nova referencia discográfica dos de Muros, “Sonido Esteiro”, un Ep de 7” editado por Folc Records e Triunvirato. Catro cancións nas que se aprecia o sonido propio ao que chegou a banda dende a súa formación no 2010, puro sonido esteiro.
Mais no 2018 péchase unha etapa e comeza A Casa da Tolemia:
Unha variable situacional difícil de predicir e de controlar que fai que persoas sensatas, maduras e sen problemas de personalidade, nun momento determinado, realicen inexplicables condutas de risco, que non son en absoluto habituais para elas e que poden desembocar nunha das maiores festas do país.
Se vostede quere entrar na Casa da Tolemia, non dubide en seguir as aventuras e desventuras da Terbutalina.

Xunto a eles a sensación do trap galego, os xigantes amigos de BOYANKA KOSTOVA

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Café El Pueblo, Ourense.