5€ (descuento consumición incluido)
info:
A Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokalou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.
En 2011 lanzan o seu traballo de presentación Live in Catoira, que recolle 8 temas dun concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabeza).
Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saiaá luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado “Que-de-leite!” con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga.
Os 15 temas do Broncodilatadorson unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos diferentes concertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velocidade e empanada.
Bailen, hostia! Bailen!