Tempo Catro

Febreiro 13, 2016

nota:

TANGO, TEMPO CATRO (Concerto homenaxe a Piazzolla).
Suso Iglesias (Acordeón); Javier Cedrón (Violín); Andrés Pazos (Piano), Antonio Romero (ContrabaIxo) e Ana Amado (Voz).

TEMPO CATRO está constituído por catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística con intereses de profundar en a renovadora estética tanguera das formacións instrumentais de Astor Piazzolla da década dos 70.

A fusión de estilos é o trazo distintivo desta música, quedando de manifesto nas formas clásicas como os preludios, as fugas e as suites entre outras, que evolucionan as súas estruturas a través de contrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas, contrastadas con románticas melodías e efectos sonoros característicos doutros estilos.

Esta ecléctica mestura de elementos, aparentemente opostos, xera un equilibrio musical que se traduce na conxunción sonora que Astor Piazzolla procreou como Novo Tango.

AXENDA

Facebook

22 hours ago

Ábrete de orellas
acabamos a semana con "Moito love", a presentación de Vértebras www.facebook.com/profile.php?id=100090796681500 , que son Ika Subversiva e Amari @_vertebras_ www.youtube.com/watch?v=0pN3XpNKQg8 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook