Telephones Rouges, un dos máximos exponentes da salvaxe escea underground galaica, editan o seu LP de debut.
En “Disenso”, o cuarteto do Grove danlle ao garaxe, punk ou rock. con cancións en galego, castelán e alemán,
Xa podedes escoitalo na súa páxina de bandcamp, aínda que se publica finalmente o próximo luns 12 de novembro, via Matapadre e o selo barcelonés Mama Vynila. 300 copias de vinilo de 12″ ilustradas por Begoña García-Alén que constan de 11 temas producidos polo propio grupo e Iñaki Bea, gravados en A Ponte e o Círculo Polar Estudio durante o mes de agosto deste ano por Tomás Ageitos e Iñaki Bea, e masterizados nos estudios Planta Sónica de Vigo por Pancho Suárez e Iñaki Bea.
Abrirán a xira cun concerto moi especial no Liceo Mutante de Pontevedra o 10 de novembro e xa teñen as seguintes datas confirmadas:
16 nov Madrid Nasti Club
17 nov Ponferrada Cocodrilo Negro
23 nov Ourense Auriense
24 nov A Coruña Le Club c/ Lendrone
30 nov Oviedo La Calleja de la Ciega
13 dec Burgos Estudio 27
14 dec Barcelona TBC
15 dec Vilanova i la Geltrú TBC
21 dec Santiago de Compostela Cachán
22 dec Sarria El Bosque
28 dec Bueu Labranza
29 dec O Grobe Twist & Shout
12 xan Don Benito The Rincón Pío Sound