6€ anticipada, 8€ billeteira
pódese reservar aquí: reservascrechas@gmail.com
A Casa das Crechas ofrece o vindeiro martes 2 de abril un concerto do grupo de folc asturiano Tejedor, formado polos irmáns José Manuel e Javier, que desde 1995 levan a música tradicional asturiana por festivais de todo o mundo.
Tejedor presentará nas Crechas o seu último disco, “Positivu”, que inclúe colaboracións de luxo como a da irlandesa Karan Casey, a nosa Guadi Galego ou os percusionistas Ion Garmendia e Iñaki Plaza.
Tejedor é un grupo que provén de Avilés. Os irmáns gañaron en varias ocasións o premio McCallan de gaita no Intercéltico de Lorient (Bretaña). ‘Positivu’ é o seu cuarto disco, que os levou a tocar por todo o mundo.