Ciclo Out-Jazz
TEIRA TRIO parte da idea de explorar instrumentalmente un repertorio de variada procedencia (jazz, rock, musica popular, etc) e de autores como Charles Mingus, John Lennon ou Simón Díaz, para adaptar e arranxar éstas músicas tan dispares e navegar con elas entre as linguaxes do flamenco e do jazz. Somos a herdanza dun proxecto que se chamou U-lo trio?, e que agora camiña reorientando o seu son con dous músicos tan dispares e compatibles como son o contrabaixista cubano Jose Manuel Díaz e o percusionista xitano Moisés Fernández. O resultado de esa elucubración é un concerto acústico que se caracteriza por unha peculiar sonoridade, por uns arranxos sorprendentes, con moito espazo para a improvisación e pola diversidade de un repertorio escrupulosamente selecionado.
Capela Centro Torrente Ballester, Rua Concepción Arenal S/N, Ferrol,
Teléfono de información: 981.944.244
http://centrotorrenteballester.es/