Tatán “Chapeu”

Setembro 01, 2018

nota:

Tatán é un falso debutante, pero non un debutante en falso. Coñecémolo por ser actor de Tanxarina, veterá compañía de monicreques do país, pero xa o escoitaramos cantar nos proxectos CoraSons ou Maria Fumaça. Alí, a súa voz rota e carismática chamaba a atención e a idea dun disco de seu non resultaba descabellada. Amizades como Uxía animárono a traballar as cancións que viña escribindo e aí estaba o contrabaixista (e algo máis) Pablo Vidal para vestilas no seu estudio con músicas axeitadas e elegantes. O resultado é un disco que supera o anecdótico e vén ocupar un lugar baleiro no panorama galego, o dun crooner cunha teatralidade inagochable que lembra a Paolo Conte, Tom Waits ou Krahe e presta coma eles nun clube, de jazz, blues, swing e outras músicas atractivas para un galego das Rías Baixas.

Evidentemente, a voz de Tatán ten moito protagonismo pero, dado o círculo de amizades “musicais”, non podía limitarse a ese valor. “Chapeu” ten outro alicerce nunha banda de músicos notabeis. Ademais de Vidal, o núcleo principal complétano outro músico excelente de jazz como o pianista Alberto Vilas e o sempre versátil Isaac Palacín á percusión. Se sumamos as achegas puntuais de Felipe Castro (saxo), Manu Paino (fiscornio), Sérgio Tannus (viola caipira e percusións brasileiras) ou Alfredo Teixeira (guitarra portuguesa), semella máis doado acadar unha variedade musical abonda, sempre dentro de estilos acaídos á interpretación do protagonista.

Agás “Veludo e algodón” (Magín Blanco), “Chapeu” (Uxía, Magín e Tatán) e “Mutua de decesos” (homenaxe estupenda a Toquinho e Vinicius de Moraes asinada e cantada a dúo por Carlos Blanco), as letras son do propio Tatán e as músicas de Pablo Vidal. Se por imaxe e voz veñen á mente os artistas mencionados ao principio e outros como Sabina ou Josele Santiago, no que refire ás letras eses nomes quedan moi lonxe neste debut. Cómpre destacar o outro dúo do disco vai na compaña de Uxía en “Branca”, unha adicatoria a modo de fado-morna á compañeira de Tatán. Canda a propia Blanca Francés, encárganse dos coros @s mencionad@s Blanco e Uxía e as irmás desta: Ana e Chus. Como vedes, prima a familiaridade.

“Chapeu” é un disco de intencións modestas pero autoproducido con calidez, gusto e agarimo. Bebe das distancias curtas, da amizade e de observar a vida desde a experiencia. Contén momentos máis teatrais como a canción que o titula, “A Nonna” (inspirada nunha peza teatral), “Tic-Tac” ou “Sombras chinas” e fala de amores e mar (a habaneira “Amores por terra”), de observar a “Chuvia”, de personaxes de actitude dubidosa como o da rumba “O politico”, dun instrumento musical (“Canción do contrabaixo”) ou de conversas nunha “Canción da tarde”. Coas debilidades propias dun debut, resulta un disco necesario vitalmente para o protagonista e gozoso para o público que acepte a complicidade e as limitacións vocais deste artsita polifacético.

Pepe Cunha, 12-xaneiro-2016

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Var con Uve, Moaña.
5 €