Tarna

Maio 06, 2018

nota:

O dúo de música tradicional leonesa está formado por Rodrigo Martínez (Whistles, gaitas, bouzouki e voz) e Diego Gutiérrez (Voz, guitarras e harmónica). Naceron en 2007 co obxectivo de elaborar un repertorio baseado na música da tradición leonesa máis descoñecida para o gran público, revitalizándoo e dotándoo de carácter máis contemporáneo. Froito desta iniciativa aparece o seu primeiro traballo “Si esperaran las liebres…” (2010), un disco gravado en directo co que alcanzan excelentes críticas na escena folk estatal, e que reflicte á perfección o seu firme compromiso coa tradición.

No seu segundo traballo, “El hombre que tenía una vaca” (2014), a naturaleza tímbrica do grupo sofre un profundo cambio e percíbese con claridade unha gran madurez no minucioso traballo de arranxos e composición. Brittany Hass, Luke Plumb , Xoxé Antón Ambás ou Ana Alcaide son algúns dos músicos dos que veñen

acompañados nesta gravación, así como o xenial poeta Juan Carlos Mestre.

Eis algunhas críticas en medios:
“…con un sonido muy actual, renovado y lleno de energía, el dúo es una de las gratas sorpresas de la escena folk nacional en el último año…” La nueva España
“…Tarna parte del conocimiento profundo de los resortes de la música tradicional y consiguen llevarlos hasta sonoridades y ritmos actuales, haciéndolos atractivos a las nuevas generaciones.” Diario de León

Máis información:

Facebook

20:00 h
A Arca da Noe, Vilar de Santos.