nota:
Taper Duel presentan o mércores 3 o seu segundo disco “Rare Zoo”, unha proposta divertida onde se misturan improvisación, creación e tradición. Taper Duel son Jorge Arribas (Fetén Fetén, La Musgaña, Celtas Cortos) e César Diez (Rao Trío), que unen os seus talentos co obxectivo de recrear diversas músicas tradicionais europeas desde unha visión cultural aberta, misturando as linguaxes que marcaron o son de ambos músicos ao longo das suas intensas carreiras.
En torno á especial atmósfera criada por un acordeón e un baixo, xurden improvisacións e melodías de autor onde se ve a influencia da música tradicional. A isto únese a grande complicidade musical e humana que existe entre eles despois de compartir palcos e proxectos desde hai 10 anos.