nota:
“Contrapunto” (2019) amosa unha concepción máis madura e completa do son de Tanxugueiras no que as voces e a percusión son as protagonistas e no que se reitera o seu apego pola música de baile e da tradición das pandereteiras. Neste traballo, o trío amplía unha vez máis os confíns da música tradicional e a sitúa nun escenario actual no que pode competir con ritmos pop e indie. O disco recolle dez temas cuxas letras afondan na transmisión de diferentes sentimentos e situacións nas súas dúas caras, a máis positiva e a máis amarga.