Tangata “30 años”

Febreiro 26, 2018

Os nomes do proxecto e o disco son claros: 30 anos interpretando tango. Interpretando máis ao vivo e en ensaios ao vivo porque esta formación vencellada a Redondela é máis de concertos que de gravar no estudio. Por isto, a súa discografía é pequena: “Como en octubre” (1998), “Trece” (2000) e “Calambre” (2007). Para aumentala e de paso rexistrar a súa experiencia ao vivo, este seu cuarto disco foi gravado no Teatro Municipal de Pontevedra os días 29 e 30 de maio de 2017. Alí non puido estar a violinista Laura Quintillán, canda os habituais Artigas Anelo no bandoleón, Alberto Vilas no piano, David Veiga no violín e Gustavo Barcia no contrabaixo, pero si o último instrumento en unirse: a voz de Enrique Migliarini.

Estes músicos reputados seguen a dar a súa visión musical dun xénero que desde o popular chegou ao público internacional e tamén á escena “culta”. Como apuntan no disco, “el nombre es siempre Tango para nuestra imaginación, nuestros arreglos, la rigurosidad de nuestro empeño por procurar beleza … Nuestra manera”. De autores máis clásicos a máis modernos ou innovadores, algúns destes títulos son facilmente recoñecibeis mesmo para persoas non moi seguidoras do xénero: “Naranjo en flor”, “Melodía de arrabal”. “La cumparsita” ou a mítica “El día que me quieras” que pecha o álbum por todo o alto coa colaboración especial de Uxía Senlle.

Séntense e saboreen estes tangos, milongas ou valses interpretados coa balanza decantándose algo máis polo lado do purismo e a elegancia que o da experimentación e a sorpresa. Polo menos nas primeiras escoitas.

Pepe Cunha, 26-febreiro-2018

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook