nota:
Rede Galega
P. Javier García: voz; J.Carlos Cotelo: guitarra rítmica; Sergio Pérez: baixo; Íñigo Uribe: teclados, coros; Nano Vikendi: guitarra solita, coros; Anxo Silveira: batería.
Grupo de metal melódico, celebra o seu décimo aniversario coa presentación do seu terceiro traballo discográfico El Silencio; unha nova colección de cancións intensas tecidas con poderosos riffs, traballadas melodías e unhas letras íntimas que seguen a liña iniciada no disco Melancolía. A Gira Rompiendo El Silencio promete leva-la música de Talesien á maior parte do territorio nacional ofrecendo ao seu público unha interpretación moi coidada que se traduce nun concerto tan entretido como potente, froito do intenso traballo diario que realiza a agrupación. A súa longa traxectoria márcaa un cambio evolutivo na súa música, dun estilo power en inglés no seu primeiro LP The Blind Carpenter a un metal melódico máis sobrio e en castelán para Melancolía, o seu segundo LP, disco de consagración da banda e de moi boa acollida nos medios do que o tema “En tu nombre” obtivo o premio á mellor canción nos Inframundo de la Música · Primus ‘09. Como complemento a Melancolía, no 2010 a banda gravaba en acústico o EP Metamorfosis que sorprende a propios e estraños coa nova faceta da agrupación.